Saturday 18 de May de 2024

O concello adxudica a pavimentación e saneamento no lugar de Sirves (Olveira)


O Concello adxudicou as obras de pavimentación e saneamento no lugar de Sirves con un orzamento de 71.786 euros e un prazo de execución de 4 meses.

No lugar de Sirves existen tres camiños que presentan un firme moi deteriorado, polo que é preciso proceder a súa pavimentación para que se poida circular polos mesmos en condicións seguras. Ademais, en dous camiños, non hai rede de saneamento, polo que se instalará unha liña de 390 m para proporcionar este servizo á veciñanza do lugar.
“Dende o equipo de goberno seguiremos traballando para proporcionar estes servizos básicos en tódalas parroquias e lugares que o precisen” afirmou o alcalde Luís Pérez. “A pavimentación e o saneamento son elementos fundamentais para o desenvolvemento sostible e a mellora da calidade de vida nas parroquias”.